O 061-Galicia asistiu a 71 persoas por 50 accidentes de circulación durante a fin de semana

Desde as 15:00 horas do venres 18 de maio ata as 23:59 horas do domingo 20 de maio, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 57 chamadas por accidentes de tráfico
Publicado por o día 21/05/2018 na sección de Sanidad,Sucesos

O 061-Galicia asistiu a 71 persoas por 50 accidentes de circulación durante a fin de semana

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 71 persoas debido a 50 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15:00 horas do venres, 18 de maio ata as 23:59 horas do domingo, 20 de maio. O día que rexistrou máis incidentes foi o sábado con 23 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 57 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 50 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon un total de 71 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 59 % e do 41 % respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 26 % dos atendidos tiña entre os 25 e os 39 anos.

Por provincias, A Coruña foi a que rexistrou máis accidentes con 19 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia
Accidentes

A Coruña

19
Lugo
6
Ourense
8
Pontevedra
17
Galicia
50

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 72. Así, a ambulancia asistencial de soporte vital avanzado acudiu en catro sinistros, o helicóptero medicalizado atendeu nunha ocasión, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 60 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en seis accidentes. As ambulancias convencionais asistiu nunha ocasión.

En 64 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en sete ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.