O 061-Galicia asistiu a 71 persoas por 57 accidentes de circulación durante a fin de semana

Desde as 15:00 horas do venres 14 de setembro ata as 23:59 horas do domingo 16 de setembro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 69 chamadas por accidentes de tráfico
Publicado por o día 17/09/2018 na sección de Sucesos

O 061-Galicia asistiu a 71 persoas por 57 accidentes de circulación durante a fin de semana

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 71 persoas debido a 57 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15:00 horas do venres, 14 de setembro ata as 23:59 horas do domingo, 16 de setembro. O día que rexistrou máis incidentes foi o domingo con 23 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 69 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 57 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon un total de 71 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 73 % e do 27 % respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 34 % dos atendidos tiña entre os 30 e os 44 anos.

Por provincias, A Coruña foi a que rexistrou máis accidentes con 24 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia Accidentes
A Coruña 24
Lugo 7
Ourense 10
Pontevedra 16
Galicia 57

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 70. Así, a ambulancia asistencial de soporte vital avanzado acudiu en cinco sinistros, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 62 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en tres accidentes.

En 65 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en seis ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.