O 092, detén a un home que roubara en varias tendas do Príncipe usando un imán quita alarmas

Publicado por o día 16/09/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

O 092, detén a un home que roubara en varias tendas do Príncipe usando un imán quita alarmas

O pasado sábado, un dia dos correntes un veciño de Vigo, de 36 anos, foi detido despois de apoderarse de diversos efectos que foron valorados nunha cifra próxima aos 500€. Un vixiante de seguridade persegue a un home que momentos antes roubara artigos por un valor de 320€. Cando lle alcanza atopa mercadoría que procedía doutros establecementos da zona comercial do Príncipe.
 
Ás 19:20 horas unha patrulla do 092 dirixiuse a cálea Príncipe a requirimento do vixiante de seguridade da mercantil C&A, quen tiña retido a un home que subtraera efectos valorados en 320€. Á chegada dos axentes, o solicitante do servizo infórmalles que a persoa en cuestión entrara no comercio para dirixirse á zona de xoiería onde se agacha e logra apoderarse dunha pulseira. Posteriormente, faise con dúas chaquetas e disponse a saír cruzando a zona de arcos de seguridade e cando o vixiante indícalle que lle acompañe o home aproveita para saír correndo en dirección Porta do Sol. Durante a persecución o sospeitoso despréndese dunha bolsa onde, posteriormente, foron localizados efectos doutros establecementos da zona Príncipe. Finalmente é interceptado, debendo ser esposado debido á gran violencia que mostraba no seu intento de zafarse, lanzando patadas e puñadas en todas direccións. A razón dos produtos que portaba na citada bolsa, os axentes foron aos seus establecimentos de orixe para saber se notaran a falta dos xéneros xa que o detido tiña no peto do seu pantalón un “imán quita alrmas”.
 
Os responsables dos establecimentos confirman o roubo da seguinte maneira:
 
Establecimento, Decathlon: pezas valoradas en 85,97€.
 
Establecimento, Pull And Bear: pezas e un reloxo valoradas en 90,96€

Comentar noticia

Your email address will not be published.