O 092 recibe a carta dun interno no cárcere da Lama para que rescaten aos seus cans

Publicado por o día 12/09/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

O 092 recibe a carta dun interno no cárcere da Lama para que rescaten aos seus cans

Un veciño de Vigo que actualmente se atopa na prisión pontevedresa da Lama, solicitou a intervención da Policía Local de Vigo a teor do grave risco que podían estar a padecer os seus dous cans, os cales quedaron no seu domicilio momentos antes de que un xulgado ordenase o seu ingreso no referido Centro Penal. Transcorrendo cinco días desde a súa privación de liberdade, o recluso sente unha gran preocupación pola sorte das súas chuchos xa que carecían de auga e alimento. A través da traballadora Social enviou unha carta, redactada da súa propia man, á Xefatura da Policía Local de Vigo, onde autorizaba a entrada á súa domiclio e o posterior traslado dos cans á Protectora de Animais.
 
Os feitos remóntanse ao pasado día 07 dos correntes cando se recibe unha chamada na Sala Operativa do 092 onde se advertía da presenza de dúas cadelas que quedaran no interior dunha vivenda da zona de Teis, sen dispoñer das debidas atencións e coidados xa que o seu propietario estaba no cárcere. Á vista do relato, unha patrulla desta policía adscrita á Unidade Ambiental de Intervenvión Rural, UMIR, trasládase ao lugar e localiza unha vivenda completamente pechada onde ninguén responde as súas chamadas nin tampouco escoitan ladridos de can. Os axentes preguntan aos veciños do lugar e logran pescudar que a persoa que reside na vivenda tiña dous cans, pedindo aos veciños que chamasen á policía se oen algún ladrido que revele a presenza de animais dentro da casa, feito que ao día seguinte é confirmado por unha veciña. Como resultado das xestións practicadas desde a UMIR, previo contacto coa Traballadora Social da prisión da Lama, o propietario dos dous cans redacta unha carta, da súa propia man, onde autoriza a efectivos desta policía para que accedan á súa morada e rescaten ás súas cadelas, as cales levan cinco días sen auga nin alimento. Finalmente, os animais foron liberados e trasladados á Protectora de Vigo.
 
A intervención dos axentes do 092 adscritos á Unidade Ambiental de Intervención Rural, evitou a longa e agónica morte de dúas cadelas que quedaran encerradas nunha vivenda.
 
Todo se inicia cando, o pasado día 07 de setembro, recíbese unha chamada telefónica na Central do 092 para alertar da presenza de dúas cadelas que quedaran á súa sorte dentro dun domiclio
 
do barrio de Teis. Segundo o relato do solicitante, o seu coidador e propietario ingresara na prisión pontevedresa da Lama onde debía cumprir a condena que lle era imposta.
 
Cando os axentes da UMIR acódense no domicilio, unha casa de dúas plantas, non conseguen localizar a ninguén a pesar de chamar de forma insistente á porta, nin tampouco perciben son algún procendente do interior. Os funcionarios policiais necesitan verificar a presenza de animais na morada á que acudiran, polo que inician unha rolda de contactos cos veciños do que resultan varios testemuños que acreditan a existencia dos devanditos animais. Igualmente, as persoas coas que se entrevistaron os axentes din non saber nada do home nin dos cans desde hai varios días, evidenciando o seu total descoñecemento pola situación que lle afecta. Coa información alí recogída, a patrulla require aos veciños para que se poñan en contacto co 092 en caso de escoitar algún ladrido que proceda do interior da vivenda onde se sospeita que poidan estar as dúas cadelas. Ao día seguinte, a mesma patrulla volve ao lugar e poden confirmar a presenza dos cans a razón dos ladridos que escoitara a veciña que reside na vivenda máis inmediata sobre a que vira a intervención policial.
 
Considerando as temperaturas deses días e onde os rexistros alcanzados supoñían un grave risco para a vida dos cans os cales levaban cínco días sen auga nin alimento, os policías contactan coa Trabajora Social do cárcere da Lama ao fin de axilizar os trámites necesarios que permita salvar aos animais dunha clara situación de risco que vén marcada por unha lenta e agónica morte.
 
Como resultado das xestións que levaron a cabo, ás 07:35 horas do día 10 dos correntes recíbese un correo electrónico nesta Xefatura de policía que remite a citada especialista e onde, en arquivo adxunto, acompáñase a declaración de puño e letra do propietario da vivenda, quen autoriza a efectivos desta Policía Local para que accedan ao seu domicilio por perigar a vida das súas dúas cadelas, asumindo os danos derivados da acción que solicita. Igualmente, indica que sexan trasladas á Protectora de Animais onde acudirá unha vez finalice a súa condena.
 
A intervención dáse por concluída na mesma xornada, cando os axentes logran acceder a través dun xanela, a cal non sofre dano algún, localizando a dúas cadelas de raza mestiza e tamaño medio que presentan un estado aceptable, posiblemente como resultado do traballo e a preocupación dunha veciña que, sorteando o muro que separa as vivendas, logrou colgar unha mangueira pola cal lles fornecía auga e arroxaba alimento.