O 112 colabora con Salvamento Marítimo na atención dos cinco tripulantes dun pesqueiro afundindo en Ribadeo

Publicado por o día 19/09/2018 na sección de Sucesos

O 112 colabora con Salvamento Marítimo na atención dos cinco tripulantes dun pesqueiro afundindo en Ribadeo

O 112 Galicia colabora con Salvamento Marítimo na atención dos cinco tripulantes rescatados dun pesqueiro que se ía a pique a unhas 300 millas ao norte de Ribadeo.

Os tripulantes foron localizados cando empregaban a balsa salvavidas e abandonaban o barco que afundía e mesmo chegou a prender lume.

Así, tras activarse a radio baliza, arredor da 1:30 horas desta madrugada, Salvamento Marítimo solicitou a intervención do persoal do Servizo de Gardacostas de Galicia para efectuar o rescate a bordo do Pesca II. Deste xeito, os cinco ocupantes do pesqueiro, de nome Roimar e con base en Burela, foron trasladados na aeronave ao Heliporto de Celeiro, onde agardaban varias ambulancias do 061-Urxencias Sanitarias co fin de ofrecer os primeiros coidados á tripulación.

Igualmente, desde Salvamento Marítimo, enviouse a Salvamar Aliot e pediuse a colaboración do equipo do Buque Sargalia co gallo de atallar as chamas que se produciron posteriormente nos restos do barco. De momento, os medios de salvamento continúan traballando no lugar do accidente.