O xeo e, en menor medida, a neve está a ocasionar problemas na circulación, especialmente en vías secundarias.
Así, o 112 Galicia rexistrou no que vai de xornada medio cento de incidencias relacionadas con este fenómeno adverso sen que, en ningún caso, se produciran danos persoais.
Cómpre destacar, iso si, unha incidencia causada pola neve, e non polo xeo, que obrigou a cortar de forma momentánea a circulación pola AG64, nas Pontes de García Rodríguez, ata que se recuperaron as condicións de seguridade vial.
Polo demás, a tendencia xeral durante as primeiras horas do día foron as placas de xeo en estradas secundarias e con especial incidencia na zona norte da provincia da Coruña, onde o 112 Galicia rexistrou algúns accidentes de tráfico, maioritariamente, sen feridos e dos que informamos.
Con todo, é importante salientar o número de incidencias provocadas polos efectos das baixas temperaturas, que vimos experimentando de forma pronunciada desde o pasado día 5 de xaneiro. De feito, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia contabilizou desde a véspera do Día de Reis ata as 12 horas do día de hoxe máis de 400 intervencións vinculadas á formación de placas en rúas e estradas.
Por provincias, destaca A Coruña, que obsorbeu máis do 50 por cento das incidencias rexistradas (preto de 250), seguida de Pontevedra, que representou o 25 por cento do total de intervencións (máis dun cento). En menor medida, producíronse problemas co xeo na provincia de Lugo e Ourense, con 40 e 10 incidencias, respectivamente.
Ante esta situación, desde o 112 Galicia recoméndase á cidanía ter en conta estas medidas para tratar de reducir riscos.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.