O 112 Galicia rexistra preto de mil incidencias por mor da meteoroloxía adversa

Publicado por o d√≠a 16/11/2019 na sección de Sucesos

O 112 Galicia rexistra preto de mil incidencias por mor da meteoroloxía adversa

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia vén de rexistrar, entre as 00:00 de onte e as 08:00 de hoxe, preto de mil incidencias que tiveron relación cos episodios de meteoroloxía adversa na nosa Comunidade.

Despois de que finalizase a alerta vermella no litoral galego e a laranxa por vento nos concellos de costa da provincia da Coru√Īa e Pontevedra, por provincias, a de A Coru√Īa foi a m√°is afectada con 559 incidencias, seguida da de Pontevedra, na que se contabilizaron 234. Por outra banda, na de Lugo, alcanz√°ronse os 123 incidentes e, en Ourense, 52.

En canto aos concellos onde m√°is se deixaron notar os fen√≥menos meteorol√≥xicos adversos, destaca o de Vigo con 65 incidentes, seguido de A Coru√Īa, onde se atenderon 45 e o de Santiago e Arteixo, onde se rexistraron 32 e 31, respectivamente.

Os tipos de incidencias que máis se repetiron foron as relacionadas coa caída de árbores e pólas nas estradas, que alcanzaron as 550. Ademais, a prevención de riscos, os danos por meteoroloxía adversa e as incidencias relacionadas coa neve sumaron 130, 59 e 14 incidencias respectivamente.

C√≥mpre salientar que, e pesar de diminu√≠r a s√ļa intensidade, contin√ļa a inestabilidade meteorol√≥xica cunha alerta de nivel laranxa no litoral lucense e coru√Ī√©s e outra por neve na monta√Īa de Lugo.

Comentar noticia

Your email address will not be published.