O 16 de xuño chega unha nova edición da Carreira das empresas

Publicado por o día 29/05/2018 na sección de Eventos,Galicia,Vigo

O 16 de xuño chega unha nova edición da Carreira das empresas

O vindeiro sábado 16 de xuño celébrase a III edición da Carreira das empresas, que organiza Asociación de Novos Empresarios de Vigo (Aje), unha ocasión perfecta para coñecer a empresarios e emprendedores e facer networking nun ambiente divertido.

A carreira das empresas é un xogo en que os participantes deben demostrar as súas capacidades para traballar en equipo, lideralo, tomar decisións ou solucionar os problemas que en diferentes situacións ocorren en todas as empresas.

Os participantes de cada equipo deben formar unha “empresa”, asignar un “líder” e ir completando unha serie de probas puntuables onde poñerán a proba os seus coñecementos, habilidades, axilidade, creatividade… para ir completando un mapa con diferentes probas para conseguir o maior número de puntos nun tempo máximo de 90-120 minutos.

Haberá unha serie de probas obrigatorias (relacionadas con establecementos de socios de aje) e outras opcionais. A estratexia de cada equipo determinará cal deles consegue o maior número de puntos en cada proba sen pasarse do tempo estipulado.

Os equipos estarán formados por empresarios/emprendedores. O número de participantes de cada equipo será de: 4-8 persoas
Os equipos poden vir formados, ou ben, se alguén se apunta só podemos engadilo a algún equipo.

Particia! Para os socios AJEVigo e calquera AJEGallega non terá custo. Para os non socios, o custo é de 10€/persoa. Podes inscribirche entrando na web de Aje .