O 20 aniversario da Feira Franca homenaxea aos participantes na festa

A temática desta edición será a propia Feira Franca. Os organizadores recuperarán espectáculos, actividades e elementos que encheron de animación e vida o recinto da feira durante estes anos.

O Consello Aberto da Feira Franca acordou onte pola tarde adicar os 20 anos da Feira Franca, que se celebrarán os vindeiros 6 e 7 de setembro, á propia Feira Franca. A temática pretende ser unha homenaxe a todos os participantes (asociacións, entidades, clubs, particulares, hostalería…) que durante estes últimos 20 anos veñen facendo da Feira Franca unha das citas inescusables das festas do verán galego.

O Concello de Pontevedra recuperará elementos, espectáculos e actividades que se foron realizando durante todos estes anos, e así servir de homenaxe ás ducias de persoas que participan activamente para que a cidade volva á Idade Media durante unha xornada e media no mes de setembro.

Oficina da Feira Franca

Ao mesmo tempo, o Concello abrirá este venres, 14 de xuño, a Oficina da festa na súa situación habitual: no edificio municipal de Alfonso XIII (o antigo conservatorio). A oficina estará aberta de 10.00 a 14.00 horas de luns a venres, até o vindeiro 15 de xullo.

Como vén sendo habitual, esta oficina canalizará todas as peticións da hostalería para montar nas dúas xornadas da Feira Franca, dos particulares que queiran montar mesa para celebrar ceas e xantares no ámbito da Feira Franca, e dos artesáns que desexen participar no mercado medieval.

As inscricións poden ser presenciais ou a través da páxina web da Feira Franca feirafranca.pontevedra.gal que estará operativa a partir das 00.00 horas do venres.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM