O 20º aniversario do pasamento de Antonio Fraguas Fraguas tamén se celebra no ensino

Publicado por o día 14/05/2018 na sección de Educación

O 20º aniversario do pasamento de Antonio Fraguas Fraguas tamén se celebra no ensino

Os actos de celebración do 20º aniversario do pasamento de Antonio Fraguas Fraguas, promovidos polo Concello de Cerdedo-Cotobade coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Fundación que leva o nome do persoeiro galego, fanse extensivos ao ámbito educativo. O concello natalicio do autor acolleu hoxe, no CEIP Plurilingüe de Carballedo, a presentación dunha unidade didáctica dedicada a Antonio Fraguas, nun acto que contou coa participación do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.