Afaga celebra un ano máis as súas Xornadas Profesionais sobre Alzhéimer e outras Demencias, unha cita que nesta ocasión chega á súa décimo séptima edición e que será o acto que peche as actividades organizadas con motivo do 25 Aniversario da entidade.
Este foro, que se dirixe principalmente a profesionais do sector de atención ás persoas maiores e ás persoas dependentes, terá lugar os días os días 29 e 30 de Novembro, na sede de Afundación en Vigo.
Con este encontro, Afaga busca crear un espazo de encontro e formación especializada, onde os profesionais sanitarios e sociosanitarios reflexionen sobre a situación actual e os retos futuros na atención ás demencias.
Por iso, o venres, a mesa redonda de apertura abordará o tema da demencias, analizando o pasado, presente e futuro da investigación e a intervención: ‘De onde partimos e cara onde vamos: demencias’, a cargo de Andrés Vázquez, do Consocio Galego de Servizos de igualdade e Benestar; José Ramón Lorenzo, presidente da Sociedade Galega de Neuroloxía, e Juan Carlos Rodríguez, presidente de Afaga, como moderador. Esta conferencia, que será de entrada libre, aberta a todo o que lle interese asistir, comeza ás 19:00 horas.
Pola súa banda, Águeda Rojo, coordinadora de Psicoxeriatría no Hospital Álvaro Cunqueiro, ofrecerá o sábado a conferencia ‘Demencias: máis alá da memoria’; e varios profesionais do Hospital Povisa explicarán en qué consiste o proxecto ‘Acompaña’, presentado recentemente. Ademais, haberá tres talleres prácticos sobre música, fisioterapia e calidade na atención.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.