O 6º concerto solidario de nadal S4 recada máis de 7.000€, doados integramente a Bicos de Papel e A. Berce.

O evento celebrouse o pasado 20 de decembro e contou con máis de 1.000 asistentes
Por o 31/01/2019 | Sección: Galicia,Social,Vigo
O 6º concerto solidario de nadal  S4 recada máis de 7.000€, doados integramente a Bicos de Papel e A. Berce.
Compartir en:

S4 Correduría de Seguros e Xerencia de Riscos presentou hoxe, en rolda de prensa, o total da recadación obtida coa celebración do 6º Concerto Solidario de Nadal “Por eles”, celebrado no Auditorio Mar de Vigo o pasado 20 de decembro de 2018. A cifra, que alcanza os 7004,73€, doarase, integramente, a Bicos de Papel e á A. de Iniciativa Social Berce, repartida a partes iguais. Esta cantidade é froito da suma total da venda de entradas, das doazóns á fila cero e das accións do Equipo de Voluntariado de S4 para promocionar o Concerto.

Este evento, que xa se converteu nun aceno de identidade do Grupo e que se inclúe dentro do seu Plan de Responsabilidade Social Corporativa anual, tivo este ano un matiz especial xa que, por primeira vez, “organizouse por e para a infancia. Queriamos mostrar o noso apoio a un dos sectores máis vulnerables da sociedade, achegando o noso granito de area para que mellorar a situación daqueles nenos e nenas que estean a pasar por circunstancias complicadas”, indicou Jessica Fernández, Responsable de Comunicación en S4. Por iso, “superar a barreira dos 7.000€ fainos estar especialmente orgullosos da nosa iniciativa e, por iso, aproveitamos esta ocasión dar as grazas a todas as persoas que o fixeron posible, desde os máis de mil asistentes ata os artistas – Carlos Branco, Ardentía, a cantante Uxía, o músico Sergio Tannun e o ilusionista Pedro Volta -, sen esquecer a quen realizou doazóns á fila cero e a aqueles amigos, familiares, clientes e provedores que nos apoiaron e apoian día tras día”.

Natalia Dieste, Presidenta de Bicos de Papel, fixo especial fincapé en “a necesidade de que se realicen accións como a presente para dar visibilidade a unha realidade que existe e que é necesario apoiar”. Ademais, indicou que a cantidade recadada destinarase a “o noso proxecto máis ambicioso, a construción dun parque no Hospital Alvaro Cunqueiro, un espazo totalmente pensado para estes nenos e nenas, de uso exclusivo para eles, adaptado tanto ás súas características físicas como ás propias da súa idade”.

Pola súa banda, Miguel A. Yagüe, Presidente de A. de Iniciativa Social Berce, sumouse ao agradecemento por esta iniciativa, indicando que a cantidade recadada repartirase en dous partes iguais. “Un 50% destinarase a un proxecto de investigación contra o cancro infantil xa que a investigación é a solución a este gravísimo problema e, o outro 50% investirase no proxecto ‘Sorrisos por tiritas’ para dar máis calidade ao traballo que os nosos ‘doutores’ prestan cada semana no hospital, transformando cada céntimo en polo menos un sorriso”.

O almorzo informativo concluíu coa intervención de Jessica Fernández, quen apuntou que “en S4 bebemos do lema do filósofo Leo Buscaglia, ‘moita xente pequena, en moitos lugares pequenos, fará cousas pequenas que transformarán ao mundo’ e, por iso, sempre estaremos a apoiar non só o desenvolvemento económico, senón tamén o desenvolvemento e crecemento social”.

 

Comentar noticia

Your email address will not be published.