O abandono dos servizos públicos en Nerga, outra dor de cabeza para o Alcalde de Cangas

Publicado por o día 07/09/2019 na sección de Cangas,Galicia,Opinión,Opinión por Serafín Valladares Guimeráns

O abandono dos servizos públicos en Nerga, outra dor de cabeza para o Alcalde de Cangas

Os veciños e hostaleiros de Nerga, así como os turistas que adoitan vir neste mes, pola tranquilidade que hai nas praias do Morrazo e máis concretamente na de Nerga, manifestan o seu malestar pola falta de utensilios básicos nos servizos públicos que o concello de Cangas ten nesta praia e é que dende fai con hoxe 3 días a brigada de limpeza non pon papel hixiénico nos baños, triste pero certo.

Isto fai que moita xente teña que ir aos bares e chiringuitos que contan con servizos que son todos (excepto un que non os ten) a pedir papel ou que lles deixen facer alí as súas necesidades, unha vergoña, manifestan os veciños/as de Nerga, mentres os mesmos socorristas tamén padecen estes recortes do concello xa que eles están case sen papel ao ter que compartir o seu con xente que llo pide.

O que sucede cos traballadores que se dedican ao socorrismo en Cangas é lamentable, son sempre os que saen peor parados en Cangas sempre os últimos en empezar a traballar e os primeiros en deixar de facelo, no Morrazo xa que o día 12 Cangas quedará sen servizo de socorristas mentres os demais concellos seguirán traballando como mínimo ata o día 21 e nalgún caso ata o domingo día 22 deste mes.

Comentar noticia

Your email address will not be published.