O acendido do Nadal en Vigo atrae a 170.000 persoas ás rúas de Vigo e deixa hoteis ao 100%

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo este luns balance do acto de acendido das luces do Nadal, celebrado o pasado sábado, e destacou que un total de 170.000 persoas seguiron en directo o evento, mentres que outras 100.000 o fixeron a través dos medios de comunicación. A ocupación hoteleira foi do 100%.
Publicado por o día 25/11/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O acendido do Nadal en Vigo atrae a 170.000 persoas ás rúas de Vigo e deixa hoteis ao 100%

Un total de 170.000 persoas seguiron o acendido do alumeado de Nadal desde as rúas de Vigo e outras 100.000 o fixeron mediante a retransmisión do acto a través de varios medios de comunicación. Ademais, os hoteis da cidade rexistraron o fin de semana unha ocupación do 100%.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo balance este luns dos resultados acadados na cidade co acto do acendido das luces. “Foi un éxito memorable, a presencia mediática estivo por riba de calquera outra cidade e tivemos unha afluencia masiva”, sinalou o rexedor durante a rolda de prensa.

Os datos indican que a afluencia ao acendido chegou ás 170.000 persoas, ao que hai que sumar as 100.000 que seguiron o streaming en directo e en redes sociais desde máis de vinte países. No caso da ocupación hoteleira, o alcalde indicou que foi do 100% na cidade e que tamén houbo grandes rexistros en establecementos da área metropolitana, Pontevedra ou Sanxenxo, ademais dun cheo total en restaurantes.

“Só esta fin de semana, en dous días, os ingresos superan ao custe do investimento para as luces de Nadal”, apuntou Caballero. O rexedor indicou tamén que os actos continúan este luns coa inauguración do Belén Monumental na Casa das Artes (19:00 horas).

Comentar noticia

Your email address will not be published.