O Aceso do nadal solidario da Gran Vía de Vigo é galardoado cun premio no Publifestival

Esta acción solidaria posta en marcha polo Centro Comercial Gran Vía de Vigo en colaboración co Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo foi vencedora na categoría “Mellor Valor social en proxecto ou acción social”
Publicado por o día 19/06/2019 na sección de Galicia,Vigo

O Aceso do nadal solidario da Gran Vía de Vigo é galardoado cun premio no Publifestival
O Aceso Do Nadal Solidario posto en marcha polo Centro Comercial Gran Vía de Vigo en colaboración co Hospital Álvaro Cunqueiro alzouse co primeiro premio na categoría Mellor Valor social en proxecto ou acción social no recoñecido Festival Internacional de Publicidade Social Publifestival. A gran gala de entrega de premios, que celebra o seu décimo terceira edición terá lugar o vindeiro martes día 25 de xuño no Teatro Infanta Isabel de Madrid. Publifestival, aposta decididamente pola concienciación da sociedade cara aos proxectos sociais que melloran o noso mundo en todos os ámbitos que nos rodean.
O Centro Comercial Gran Vía de Vigo, propiedade de Lar España Real Estate Socimi e xestionado por Gentalia, celebrou con motivo do Día Mundial do Neno o seu aceso do Nadal máis especial o pasado 20 de novembro de 2018 para que os nenos hospitalizados no Álvaro Cunqueiro fosen os únicos protagonistas dunha xornada moi especial. Eles foron os encargados, en directo, desde o hospital, de acender as luces da árbore do Nadal de 6 metros e os máis de 1.180 metros de iluminación repartidos polas tres plantas e cuberta do centro comercial a través dun “botón máxico” co que encheron de luz o centro comercial. Os máis pequenos, puideron gozar da actuación de Pakolas tras este momento e gozar dos agasallos entregados por representantes do centro comercial.
Desde a planta principal do centro comercial, os clientes, puideron asistir en rigoroso directo a este momento máxico no que os nenos, desde o hospital, acenderon a iluminación. Momento que foi retransmitido a través dunha gran pantalla disposta na Planta principal do Centro.
Ademais, a colaboración de Gran Vía de Vigo co hospital non se limitou a esta celebración senón que se decorou as dúas salas infantís da terceira planta do hospital, unha doazón que se ve completada coa entrega de 9 renos decorados por nenos de diferentes colexios da cidade e da Vaca Lola que permanecen desde novembro nas súas instalacións roubando sorrisos a todos aqueles que transitan polo corredor da planta 3 do hospital.

O “Aceso Do Nadal Solidario Gran Vía de Vigo”