O actual edificio de servizos sociais de Redondela debera cumprir as condicións técnicas de accesibilidade dende decembro de 2017 segundo a “oficina de atención a la discapacidad”

A Agrupación de Electores de Redondela vén de ter acceso a diversa documentación onde a “Oficina de Atención a la Discapacidad” (OADIS), dependende do “Consejo Nacional de la Discapacidad”, informa ao Concello de Redondela de que “os edificios municipais de titularidade pública destinados a un uso público, como é un edificio no que se prestan servizos sociais, deben cumprir as condicións técnicas de accesibilidade nos prazos indicados” .
Por o 07/04/2018 | Sección: AER,Galicia,Política,Redondela
O actual edificio de servizos sociais de Redondela debera cumprir as condicións técnicas de accesibilidade dende decembro de 2017 segundo a “oficina de atención a la discapacidad”

Esta documentación viu como resposta a sendas denuncias de usuarios de Servizos Sociais de Redondela polas deficiencias en accesibilidade no seu actual edificio, que tamén é coñecido como o “antigo conservatorio”. Desas denuncias, a Oficina de Atención a la Discapacidad (OADIS) concluíu xa no ano 2016 a obrigatoriedade de que tódolos edificios públicos cumpran cos requisitos técnicos de accesibilidade. En todo caso engadía información sobre os prazos legais nos que todo edificio público debera estar debidamente adaptado: “se o edificio construíuse despois do 4 de decembro de 2010 debe cumprir, neste momento, as condicións de accesibilidade, pero se é un edificio anterior, debe cumprir, ditas condicións, a partir do 4 de decembro de 2017”. O OADIS descoñecía naquel intre cando se construíu o actual edificio de Servizos Sociais para poder así avaliar se naquel momento era aplicable un prazo ou outro. Polas fontes de información consultadas por AER, dito edificio foi construído no ano 1.788 polo que as condicións de accesibilidade deben cumprirse, tanto neste como noutros edificios públicos anteriores ao 4 de decembro de 2010, dende o pasado mes de decembro.

Sendo consciente esta Agrupación de que Servizos Sociais se vai trasladar en data non determinada a unhas instalación máis novas e modernas, esta non pode ser a escusa de que se leven anos sen adecuar a accesibilidade destas instalacións e que se continúe nesta situación ata o traslado definitivo do departamento, padecendo esta situación tanto usuarios como usuarias deste servizo público. A situación neste intre agrávase pois o goberno local do Partido Popular xa superou todos os prazos legais para a adecuación, facendo caso omiso á actual lexislación e consellos do OADIS, cometendo un importante acto de irresponsabilidade política e social. Xa sexa como edificio destinado ao Departamento de Servizos Sociais como a outros usos públicos, esta edificación debe cumprir xa, si ou si, as condicións técnicas de accesibilidade.

Para AER as cousas están ben claras: para o goberno local do partido popular a accesibilidade e a discapacidade seguen sendo materias pendentes, secundarias e que por desgracia, seguen quedando no esquecemento da súa acción política.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.