O Aeroporto de Vigo supera o millón de pasaxeiros anuais en 2019

O pasado ano operaron 11.524 aeronaves e manexáronse 541 toneladas de mercadorías
Publicado por o día 13/01/2020 na sección de Galicia,Vigo

O Aeroporto de Vigo supera o millón de pasaxeiros anuais en 2019

O Aeroporto de Vigo rexistrou 1.012.447 pasaxeiros en 2019, un 10,4% menos que en 2018. Dos pasaxeiros comerciais (1.011.599), 989.316 realizaron traxectos nacionais e 22.283 traxectos internacionais.
 
En canto ás operacións, ao longo de 2019 rexistráronse 11.524 voos (un 8% menos que en 2018), dos cales 9.538 foron voos comerciais. Destes, 8.747 movementos foron operacións nacionais e 791 internacionais. Pola terminal de carga do aeroporto pasaron, durante o pasado ano, máis de 541 toneladas de mercadorías.
 
O pasado mes de decembro o Aeroporto de Vigo rexistrou 67.748 pasaxeiros, 795 aeronaves e ao redor de 48 toneladas de mercadorías.

Comentar noticia

Your email address will not be published.