O alcalde aborda cos comerciantes e hostaleiros a celebración do Nadal na cidade

Con este encontro o Concello quere coordinar a acción das festas ante a previsión de afluencia masiva de visitantes
Publicado por o día 31/10/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O alcalde aborda cos comerciantes e hostaleiros a celebración do Nadal na cidade

Abel Caballero reuniuse este xoves con representantes do comercio e da hostalería da cidade e da provincia co fin de “harmonizar e coordinar a acción das festas do Nadal” ante a afluencia masiva de visitantes que se espera. O rexedor explicou que tivo a oportunidade de coñecer as expectativas do sector, a quen informou dos previsibles momentos punta e da difusión para os turistas, por parte do Concello, dos lugares de interese para poñer en valor o conxunto da cidade coa previsión de “cheo total nas pontes”.

No encontro participaron comerciantes de Navia, Travesas, Calvario, Entorno Xeral, Zona Náutico, Torrecedeira, Teis, Casco Vello e Bouzas; a Federación provincial de Comercio; a Federación de hostalería Pontevedra, a Asociación Provincial de empresarios de hospedaxe de Pontevedra e representantes dos mercados das Travesas, Calvario, Progreso, Teis e Bouzas que amosaron o seu “optimismo e entusiasmo” ante a celebración do Nadal vigués.