O alcalde amosa a súa satisfacción coa posta en marcha do 7º Xulgado do Social de Vigo

Publicado por o día 03/12/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O alcalde amosa a súa satisfacción coa posta en marcha do 7º Xulgado do Social de Vigo

O alcalde está moi satisfeito coa posta en marcha do Xulgado do Social número 7 de Vigo, unha dotación reclamada na cidade desde 1975. En rolda de prensa, explicou que tiveron que vencerse varios intentos políticos de levarse esta unidade xudicial a outros territorios.

O BOE publicou onte o Real Decreto 1050/2020 de 1 de decembro no que se crean trinta e tres unidades xudiciais Covid-19 en España, incluido o Xulgado do Social número 7 de Vigo. En rolda de prensa, o alcalde amosou a súa satisfacción pola posta en marcha dunha dotación pola que a cidade espera desde 1975 e sobre a que pesaron varios intentos políticos de levala a outros territorios e “tiven que intervir persoalmente” para deter esas pretensións, aclarou.

Comentar noticia

Your email address will not be published.