O alcalde amosa o seu apoio ao persoal sanitario do PAC de Vigo

Abel Caballero reuniuse este venres con representantes dos Puntos de Atención Continuada de Vigo e da súa área metropolitana que lle trasladaron a “situación límite na que se atopan con pouco persoal e unha inmensa sobrecarga de traballo”.
Publicado por o día 14/12/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O alcalde amosa o seu apoio ao persoal sanitario do PAC de Vigo

O rexedor amosou o seu apoio aos responsables e ao persoal sanitario do PAC de Vigo e dos PAC da área sanitaria que atravesan, segundo lle relataron, unha situación “insostible” polo que reclaman “atención á Xunta de Galicia e máis dotación profesional para facer o seu traballo como corresponde”.

No encontro mantido este venres co alcalde, os médicos do Punto de Atención Continuada de Vigo expuxeron que son 15 traballadores, unha cifra “insuficiente” que impide conceder as peticións de conciliación familiar ou reducións de xornada laboral por fillos a cargo, e que produce un “sobreesforzo” ao tentar manter a calidade da asistencia. O persoal sanitario advirte que a situación empeorará pola xubilación de 35 médicos en Atención Primaria este ano 2018 “o que vai derivar en maior presión sobre os PAC”. Así, os médicos relataron que atravesan unha “situación límite, con pouco persoal e unha inmensa sobrecarga de traballo”.

Abel Caballero manifestou que a preocupación na cidade aumenta “a medida que imos coñecendo os datos reais da situación sanitaria” co PAC e os centros de saúde con dificultades extraordinarias, chegando a provocar a dimisión dos responsables de practicamente todos os centros, as dificultades con POVISA “que non acaba de atender a Xunta” ou as deficiencias do Álvaro Cunqueiro que fai pagar aos usuarios polas visitas. “Bótase de menos”, apuntou, o “Plan de Mellora de Atención Primaria de Emilio Pérez Touriño que paralizou a Xunta de Feijóo”.