O alcalde anima a acudir aos oito concertos que ofrecerá a Orquestra Vigo 430 nos próximos meses

Caballero eloxiou esta mañá a calidade artística da Orquestra Vigo 430 e invitou a toda a cidade a acudir aos oito concertos que se ofrecerán nos próximos meses. A programación arranca o próximo 28 de setembro cunha actuación no Auditorio Municipal do Concello.
Publicado por o día 30/08/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O alcalde anima a acudir aos oito concertos que ofrecerá a Orquestra Vigo 430 nos próximos meses

O alcalde de Vigo animou a todo Vigo a acudir aos concertos da Orquestra Vigo 430 que se desenvolverán desde o venres 28 de setembro ata o 1 de xuño. Acompañado polo director artístico, Javier Escobar, Caballero eloxiou a “gran calidade musical ” e trasladou a súa vocación de seguir apoiando a esta “gran orquestra sinfónica”. A tempada 2018-2019 incluirá oito actuacións en Vigo aos que hai que engadir a ópera “Macbeth” de Verdi, dentro do Outono Lírico organizado polos Amigos da Ópera de Vigo.

Tal e como explicou o director artístico na presentación, esta nova tempada destaca por ser a máis variada e equilibrada na súa oferta musical. Dentro da programación sinfónica atoparemos obras de gran formato como a 6ª sinfonía de Tchaikovsky, cunha orquestración máis clásica como no programa íntegramente dedicado a Mozart ou incluso a fusión de compositores clásicos e grandes temas do pop-rock.

Pola súa banda, a sección barroca e a xove ofrecerán un concierto cada unha, quedando os tres concertos restantes a cargo de diversas formacións camerísticas, con propostas tan interesantes como unha versión da primeira sinfonía de Mahler ou unha fascinante viaxe musical no tempo cos relatos do viaxeiro inglés do século XVIII Charles Burney como fío conductor, que estarán narrados pola escritora Iolanda Zúñiga.