O alcalde anima aos escolares a coñecer a historia de Vigo con “O Nautilus e o tesouro das Illas Cíes”

Publicado por o día 25/10/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O alcalde anima aos escolares a coñecer a historia de Vigo con “O Nautilus e o tesouro das Illas Cíes”

Abel Caballero saudou este venres ao alumnado de quinto de primaria do CEIP Emilia Pardo Bazán que iniciaba o percorrido didáctico na Praza do Rei dentro do programa “O Nautilus e o tesouro das Illas Cíes” animándoos a achegarse á historia da cidade a través desta experiencia. Este programa educativo municipal achega aos estudantes vigueses a historia do arquipélago das Cíes, que defende a ría de Vigo, a pegada de Xulio Verne na cidade e a batalla de Rande desde a perspectiva de “20.000 leguas de viaxe submarina”.