O alcalde anima aos vigueses a acudir á Marcha Aspanaex e superar os 3.000 participantes

Vigo acollerá o vindeiro domingo, 6 de outubro, a 36 Marcha Aspanaex co obxectivo de recadar fondos para a nova residencia que ofertará prazas en Coia. O alcalde participou na presentación da carreira solidaria e animou aos vigueses a participar para superar os 3.000 participantes.
Publicado por o día 03/10/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O alcalde anima aos vigueses a acudir á Marcha Aspanaex e superar os 3.000 participantes

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, animou este xoves aos vigueses a participar na 36 Marcha Aspanaex que se partirá o vindeiro domingo do parque de Castrelos e realizará un percorrido pola cidade. O rexedor acompañou a Patricia Guisande, da Xunta Directiva de Aspanaex, e a Marcos González, representante de Delikia, na presentación da proba levada a cabo no Concello de Vigo.

“Queremos ser máis de 3.000 e invito a toda a cidade a participar na proba”, sinalou o alcalde despois de comprometer a súa presencia o domingo na proba. A 36 edición da carreira que organiza a asociación en favor das persoas con discapacidade intelectual da provincia de Pontevedra levará como lema “12.000 pasos solidarios”.

Os fondos que se recaden irán destinados á construción da residencia Aspanaex en Coia, que ofertará 58 prazas. Este ano non se entregarán dorsais, senón dúas pezas para colocar nun puzzle xigante durante o paso pola rúa Príncipe. O puzzle simboliza a colaboración coa residencia e necesitan sumar máis de 3.000 participantes.

A inscrición será de 5 euros (7 euros o día de la carreira) e 3 euros os menores de 10 anos e persoas con discapacidade. Tamén hai posibilidade de inscrición online e dorsal 0000. O percorrido partirá da Avenida de Castrelos e continuará pola Praza de América, Camelias, Venezuela, Gran Vía, Urzaiz, Príncipe, Porta do Sol, Elduayen, Pi e Margall, López Mora, Praza de América e chegada no parque de Castrelos.

Comentar noticia

Your email address will not be published.