O alcalde anuncia o galardón de Vigués Distinguido ao CEIP Mosteiro Bembrive, que celebra 50 anos

O centro comezou este venres os actos polo 50º aniversario, que se prolongarán no presente curso escolar. Esta efeméride os fai acredores do galardón de Vigués Distinguido deste ano, segundo anunciou o propio Abel Caballero aos estudantes, pais e profesorado do Mosteiro Bembrive.
Publicado por o día 19/10/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O alcalde anuncia o galardón de Vigués Distinguido ao CEIP Mosteiro Bembrive, que celebra 50 anos

O alcalde, Abel Caballero, tomou parte da celebración e recibiu unha insignia conmemorativa por parte do CEIP Mosteiro Bembrive. Na súa intervención, destacou a relevancia da educación pública, a calidade do nomeado colexio e a necesidade dun novo transporte escolar, apoiando así a reivindicación da ANPA e da dirección.

Despois das intervencións institucionais, o rexedor vigués foi o encargado de descubrir un cartel polos 50 anos do colexio, emprazado na súa propia fachada, e visitou unha pequena exposición instalada no edificio.