O alcalde anuncia que Disney elixe Vigo para recrear Frozen na rúa Progreso este Nadal

A cidade acollerá a presentación de Frozen 2 o 20 de novembro, dous días antes da súa estrea en España, tras o acordo entre o Concello e a compañía. O rexedor destaca o “gran recoñecemento” que supón esta elección para Vigo.
Publicado por o día 15/11/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O alcalde anuncia que Disney elixe Vigo para recrear Frozen na rúa Progreso este Nadal

A cidade acollerá a presentación de Frozen 2 o 20 de novembro, dous días antes da súa estrea en España, tras o acordo entre o Concello e a compañía. O rexedor destaca o “gran recoñecemento” que supón esta elección para Vigo.

A Xunta de Goberno Local aprobou este venres un convenio de colaboración entre o Concello e The Walt Disney Company para dedicar unha das rúas da cidade durante o Nadal ao universo Frozen.

O alcalde explicou que a rúa Progreso, desde María Berdiales ata Doutor Cadaval, terá unha iluminación especial inspirada nesta película de Disney, que considera que as luces da cidade gañaron nos últimos anos un gran recoñecemento nacional pola súa espectacularidade, o que a converteu nun destino ideal para visitar no Nadal. Así, a compañía “elixe Vigo para facer a presentación en España de Frozen 2”, o que supón “un grande recoñecemento para Vigo”, segundo apuntou Caballero. O primeiro filme da saga: Frozen, el Reino del Hielo (2013) é a película de animación con máis éxito da historia do cine con máis de 1.200 millóns de dólares de recadación.

Abel Caballero avanzou que Vigo acollerá a preestrea de FROZEN 2, o día 20 de novembro, dous días antes da estrea oficial no resto de España, con entradas por invitación, e que o 21 de decembro o Concello e Disney dedicarán a xornada ás asociacións dedicadas a colectivos infantís desfavorecidos, que poderán gozar dunha proxección especial do filme.

O acendido da rúa Frozen será o sábado 23 de novembro, ás 21.30 horas, unha hora despois do prendido da árbore e do resto da iluminación de Nadal da cidade.

Comentar noticia

Your email address will not be published.