O alcalde anunciou o próximo mes comezará coa “rehumanización” de Luis Taboada

Por o 21/06/2018 | Sección: Concello de Vigo,Galicia,Vigo
O alcalde anunciou o próximo mes comezará coa “rehumanización” de Luis Taboada

O alcalde anunciou tamén que o próximo mes o goberno que preside comezará coa “rehumanización” de Luis Taboada, no entorno da Alameda. Caballero lamentou que a rúa, reformada polo goberno anterior á súa chegada, hai pouco máis de dez anos, precise dunha nova actuación municipal.

“Con Luis Taboada está a pasar o mesmo que sucedeu na Praza de Compostela, en García Olloqui e en Marqués de Valterra: a humanización, que se fixo cun goberno do PP, foi unha calamidade”, asegurou Caballero, quen recordou os afundimentos de Marqués de Valladares a modo de exemplo.

“Dentro dun mes iniciamos a nova humanización de Luis Taboada”, anunciou Caballero, quen detallou que se levantará o firme actual e será substituído polo recentemente posto en Praza de Compostela e García Olloqui, aberto ao tráfico onte mércores.

Comentar noticia

Your email address will not be published.