O alcalde apunta que as alegacións aos Orzamentos Municipais non cumpren a normativa

Publicado por o día 19/12/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O alcalde apunta que as alegacións aos Orzamentos Municipais non cumpren a normativa

Unha vez rematado o período de exposición pública do documento ábrese a fase de alegacións que, segundo explicou Abel Caballero, deben interpoñerse respectando unhas premisas que neste caso non cumpre ningunha das presentadas. 

O rexedor expuxo este mércores que as alegacións que se presenten ao Orzamento municipal deben cumprir tres requisitos que marca a Lei: deben interpoñerse se se incumpriron os trámites de aprobación do presuposto, se non se consigna un cŕedito obrigatorio para atender as obrigas legais ou por insuficiencia de crédito.

Así, Caballero apuntou que “ningunha das alegacións presentadas cumpre estas premisas, por tanto “aínda que quixeramos, non as podemos considerar porque non son admisibles por lei”, engadindo que por este motivo tampouco foron admitidas a trámite.