O alcalde presenciou esta mañá o inicio das obras de derrubamento do antigo hotel Samil, o que permitirá, en verbas de Caballero, “reparar un erro histórico nesta cidade”, en alusión á construción deste edificio na década dos setenta. Nun prazo de 22 meses e cun orzamento de case 21 millóns, estará construído un novo hotel, con 3-4 alturas, 125 habitacións, piscina, spa, sala de convencións e 102 prazas de aparcamento.
Durante o acto, no que tamén estivo presente, Luís Baldo, director da zona Noroeste de Avante, o rexedor amosou a súa satisfacción coa demolición, que permitirá dar paso a unha construción “moderna e ecoloxicamente moi ben adaptado ao terreo, nunhas das mellores zonas de Vigo”.
Noticias de última hora en Vigo