O Concello vén de recibir unha sentenza que obriga a Vigo a pagar os autobuses dos non empadroados na cidade. A resolución xudicial baséase na Lei 2/2017, de 8 de febreiro, aprobada pola Xunta para obrigar aos vigueses a subvencionar os descontos no transporte urbano a cidadáns doutros municipios.
O alcalde aclarou en rolda de prensa que a resolución do Contencioso Administrativo número 1 de Vigo é recurrible, avanzando que o goberno local vai “defender esta cidade a conciencia contra os ataques de Feijóo”. Criticou con dureza a norma na que se basea a sentenza, a Lei 2/2017 de 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación (lei de acompañamento aprobada nos orzamentos de 2017). Segundo esta norma, “aprobada contra Vigo e que só se aplica en Vigo”, a cidade ten que pagar os descontos dos usuarios do transporte urbano non empadroados. Na súa opinión, trátase dunha lei “arbitraria que vai contra a autonomía local igual que a que nos obriga a cofinanciar centros de día ou escolas infantís da Xunta”.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.