O alcalde augura o mellor dos éxitos ao “gastromercado” de O Berbés porque é un proxecto “con alma e corazón”

Abel Caballero referiuse esta mañá ao “gastromercado” de O Berbés como un punto de encontro “imprescindible” no Casco Vello, un proxecto que mistura tradición e proximidade coa ilusión da xente e vaticinou que “nada vai ensombrecer este éxito”. Durante a inauguración, reiterou o apoio do goberno local ao conxunto do marcado no que o Concello investiu 2,5 millóns na remodelación das instalacións.
Publicado por o día 18/06/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O alcalde augura o mellor dos éxitos ao “gastromercado” de O Berbés porque é un proxecto “con alma e corazón”

Acompañado polo xerente, Anxo Méndez e a presidenta da asociación de comerciantes, María Teresa Vázquez, o rexedor participou esta mañá na inauguración oficial do “gastromercado” de O Berbés, logo da remodelación do conxunto das instalacións, nas que o Concello investiu 2,5 millóns. Na súa intervención dixo que “neste lugar naceu a cidade”, reúne tradición, proximidade, cooperación e, sobre todo, a ilusión dos que comerciantes e hostaleiros que o integran. Asegurou que nada “vai ensombrecer este éxito” porque é un proxecto “con alma e corazón”. Trasladou o seu agradecemento e recoñecemento aos promotores do que xa é un punto de encontro “imprescindible” no Casco Vello.