O alcalde avanza que Vigo será a primeira cidade en remitir ao Goberno as liñas básicas do Orzamento de 2020

Abel Caballero anunciou este xoves que Vigo terá “en tempo e forma” o seu Orzamento para 2020. “Será meu 13 presuposto consecutiva”, sinalou o alcalde antes de incidir en que as contas municipais para o ano que vén poden crecer ata un 2,8%, tendo como referencia a taxa de crecemento do PIB.
Publicado por o día 12/09/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O alcalde avanza que Vigo será a primeira cidade en remitir ao Goberno as liñas básicas do Orzamento de 2020

Vigo terá “en tempo e forma” o seu décimo terceiro Orzamento Municipal consecutivo. Así o avanzou o alcalde, Abel Caballero, durante unha rolda de prensa na que avanzou que a cidade será a primeira gran urbe que envía ao Ministerio de Facenda as liñas básicas das súas contas municipais para 2020.

O rexedor sinalou que o documento económico elabórase nun marco de estabilidade orzamentaria, cumprimento da regra de gasto e sen débeda. Caballero sinalou que as contas municipais para o ano que vén poden crecer ata un 2,8%, tendo como referencia a taxa de crecemento do PIB, e avanzou que se incrementarán as partidas de gasto de persoal (un 2,6 % máis) e o gasto corrente (un 2,8 %).

Ademais, estimou que os investimentos suporán entre un 12 e un 14% dos fondos municipais, e expresou a súa confianza en poder mesmo aumentalas con respecto ao exercicio en vigor. A ese respecto, subliñou que as novas dotacións e infraestruturas realizadas con cargo aos investimentos implican un mantemento, e ese gasto de mantemento “tamén é investimento”.

Con respecto aos ingresos, Abel Caballero insistiu en que a “actualización” de taxas e impostos municipais, que soben nun 2,5 %, supón, en realidade, que “a presión fiscal diminúe”, porque a subida está por baixo do incremento do IPC.

 

Comentar noticia

Your email address will not be published.