O alcalde avoga polo emprazamento do Rexistro Civil na Cidade da Xustiza

Abel Caballero apoia a petición do persoal do ámbito xudicial que defende a situación do Rexistro no ámbito da nova Cidade da Xustiza de Vigo, ante a “actitude escurantista” da Xunta de Galicia que non “quere comunicar onde o vai instalar”.

O rexedor mantivo un encontro este venres con representantes do sindicato USO, o maioritario no eido xudicial, que lle trasladaron a “actitude escurantista” do goberno autonómico que “non quere comunicar” onde vai instalar o Rexistro Civil de Vigo.

“Avogo porque o Rexistro vaia á Cidade da Xustiza, onde está todo o ámbito de desenvolvemento do sector. Paréceme que é bo que forme parte do ámbito xudicial, é conveniente e hai espazo”, sinalou Caballero que considera que non hai “ningunha razón para que non estea alí”, e mesmo valora en positivo que determinados servizos estean concentrados para facilitar as xestións á cidadanía.

Así, o alcalde de Vigo amosou o seu apoio á petición feita polo persoal do ámbito xudicial da cidade que defende o emprazamento do Rexistro Civil na nova Cidade da Xustiza que nestes momentos se atopa en construción.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM