O alcalde compromete “o noso apoio e afecto sempre” ao Marisquiño en Vigo

O parque municipal de skate de Navia acolleu este xoves a presentación da nova edición do Marisquiño na que participaron Abel Caballero, Carmela Silva, David Regades e o director do evento, Joako Ezpeleta. O rexedor destacou o medio millón de euros de financiamento que achegan o Concello e a Deputación ao festival.
Publicado por o día 01/08/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O alcalde compromete “o noso apoio e afecto sempre” ao Marisquiño en Vigo

Durante a presentación do Marisquiño 2019 no parte de skate de Navia, o rexedor destacou a “excelencia e calidade” que diferencia a este festival doutros e adiantou que serán “tres días extraordinarios, situándonos no centro da atención de toda Europa” porque o Marisquiño é “un grande evento europeo” que leva vinte anos desenvolvéndose co concello “ao carón da organización”.

Segundo anunciou o alcalde, o Concello de Vigo e Deputación de Pontevedra dedican este ano medio millón de euros ao Marisquiño: 320.000 euros é a achega municipal e 181.000 a da Deputación “en contraste coa Xunta de Galicia que diminuíu en 50.000 euros” o financiamento comprometido, apuntou. Así, asegurou que o festival “terá sempre o noso cariño, afecto e apoio” ao tratarse dunha actividade que “amosa unha nova cultura que emerxe en tódalas cidades do mundo, cunha forza especial en Vigo”.

Así, Caballero manifestou “o entusiasmo da cidade” co Marisquiño e convidou á cidadanía a sumarse ao deporte, a diversión e a festa durante os tres días de celebración, ebtre o 9 e o 11 de agosto.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, destacou que o Marisquiño é un evento de carácter mundial que converte a Vigo nunha referencia do deporte urbano e augurou unha edición “aínda máis potente ca nos anos anteriores”.

Pola súa banda, o delegado de Zona Franca, David Regades, sinalou a maior presenza e apoio de Zona Franca ao evento, coa cesión de instalacións para esta edición e puxo en valor a importancia do Marisquiño para a economía da cidade e de toda a contorna.

O director do festival, Joako Ezpeleta, agradeceu ao Concello, á Deputación de Pontevedra e a Zona Franca “o apoio incondicional ao festival” e destacou os skate parks postos en marcha polo Concello, especialmente o de Navia, onde se celebrou o acto de presentación. Do programa de competicións, apuntou a celebración de tres copas do mundo, catro disciplinas olímpicas, o freestyle football como nova disciplina e o dirt jump.

Comentar noticia

Your email address will not be published.