O alcalde da o seu apoio ao Club Ciclista Rías Baixas na súa nova andaina

Abel Caballero participou este venres na presentación da nova temporada do Club Ciclista Rías Baixas e do seu proxecto para acadar o reto de formar un equipo profesional. O alcalde deu o seu apoio á entidade e destacou o esforzo que fai o Concello de Vigo tanto co deporte de elite como de base.
Publicado por o día 23/11/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O alcalde da o seu apoio ao Club Ciclista Rías Baixas na súa nova andaina

“Estamos ante un proxecto sólido que nos agrada moito, temos unha importante implicación co deporte de base e de elite”, destacou o alcalde de Vigo, Abel Caballero, durante a presentación da nova temporada e o novo proxecto do Club Ciclista Rías Baixas.

Nunha rolda de prensa na que estivo acompañado por Agustín Gándara, del Bufete Gándara Moure, y José Luis Chamorro, presidente del Club Ciclista Rías Baixas, o rexedor mostrouse disposto a dialogar e estudar a forma en que se pode colaborar.

Caballero recoñeceu o esforzo de patrocinadores como o Bufete Gándara e incidiu en que a cidade de Vigo está a dar grandes pasos nos últimos anos en favor do deporte do ciclismo e para introducir as bicicletas na cidade a través do carril bici.