O alcalde de Baiona esixe á Xunta que limpe a área de descanso de Baredo “de xeito urxente”

Carlos Gómez pide ao PP local e ao seu portavoz que reclame ao Goberno do seu partido na Xunta a realización deses traballos co “mesmo interese e énfase” que pon á hora de esixirlle outras cousas ao Goberno local

O alcalde de Baiona Carlos Gómez esixiu onte á Xunta de Galicia que proceda “de xeito urxente” á limpeza e acondicionamento da área de descanso de Baredo, na PO-552, “que se atopa en lamentables condicións”. O rexedor local baionés quere considerar “unha curiosa coincidencia en vésperas electorais” que a limpeza da antedita PO-552 a comezaran os operarios da Xunta de Galicia, dende o límite do termo municipal de Baiona cara a Oia, municipio gobernado polo PP.

En todo caso, para facer os traballos de limpeza o máis eficazmente posible, o máis lóxico sería que se tiveran comezado dende Oia en dirección a Baiona ou en Baiona cara a Oia, “o que non ten lóxica é comezalo dende o limite entre os dous concellos cara a Oia para, posteriormente, volver a ese límite para traballar en dirección Baiona”. En todo caso, recalca Carlos Gómez, “son dese tipo de casualidades que adoitan darse antes das citas electorais”.

Doutra banda, o alcalde de Baiona pide ao PP local en xeral, e ao seu portavoz Ángel Rodal, en particular, que esixan á Xunta de Galicia “gobernada polo seu partido, que realice estes traballos, non en beneficio do Concello, senón en beneficio de todas as veciñas e veciños”.

Carlos Gómez demándalle ademais ao portavoz popular, Ángel Rodal “que á hora de facer esta petición ante os seus compañeiros de partido en Santiago, poña o mesmo interese e énfase que á hora de esixirlle a este Goberno, iniciativas e servizos que eles non foron quen de poñer durante dúas décadas de gobernos conservadores”.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM