O Alcalde de Barro, Xosé M. Fernández Abraldes, mantivo onte un encontro con responsables da empresa Unión Fenosa para que lle explicaran os cortes de subministro producidos en Barro nos últimos meses do ano pasado, e que causaron molestias e inconvintes aos veciñanza e negocios do concello.
Nesta reunión, os representantes da empresa subministradora explicaron os motivos das distintas avarías que deron lugar a eses cortes, e comprometéronse a que durante o ano 2020 van a executar as obras necesarias para conectar toda a rede do Concello á subestación existente no Polígono de Curro.
Estas obras permitirán ter un dobre punto de subministro que garanta que no caso de se producir unha avaría desde a subestación de Tivo, en Caldas de Reis, que é de onde provén o subministro actual, se poida conectar toda a rede de Barro á subestación de Curro para restaurar o servizo con maior rapidez.
O Alcalde agarda que as obras se executen na maior brevidade posible e que sirvan para evitar futuros cortes no subministro, e que os veciños e veciñas de Barro contemos cun sevizo de calidade.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.