O alcalde de Nigrán amosa á delegada da xunta o beneficio de contemplar as alegacións do concello ao proxecto de mellora da seguirdade viaria na contorna de Ureca

“Estamos moi satisfeitos de que se teñan escoitado as nosas reclamacións da PO-552 e non temos dúbida de que deste xeito, falando entre as dúas administracións, o proxecto é moi beneficioso para Nigrán”, indica o rexedor
Publicado por o día 07/02/2020 na sección de Galicia,Nigrán

O alcalde de Nigrán amosa á delegada da xunta o beneficio de contemplar as alegacións do concello ao proxecto de mellora da seguirdade viaria na contorna de Ureca

O alcalde de Nigrán, Juan González, visitou esta mañá coa delegada territorial da Xunta en Vigo, Corina Porro, o remate das obras de mellora da seguridade peonil na contorna de Ureca (PO-552). Este acondicionamente non se contemplaba no proxecto inicial da Consellería de Infraestruturas, pero grazas ás alegacións realizadas polo Concello de Nigrán posteriormente se incorporou a realización dun itinerario peonil na zona.

“Estamos moi satisfeitos de que se teñan escoitado as nosas reclamacións e non temos dúbida de que deste xeito, falando entre as dúas administracións, este proxecto é máis beneficiosos para Nigrán”, indicou o rexedor en referencia á realización dun itinerario peonil seguro desde a rotonda de Ureca ata a rúa Rans ou ao mantemento da regulación semafórica á altura de La Pintora (así como a conservación da zona de aparcamentos).

“Ata agora esta zona só dispoñía dun único itinerario peonil moi complexo a pesares de ser unha zona moi transitada, dado que desde aí se entra ao sendeiro do Río Muíños ou ás instalacións deportivas. Para o Concello resultaba imprescindible que quedase conectado mediante beiravías coa rúa Rans. Ao fin se crea un tramo seguro e accesible que une A Ramallosa co centro de Nigrán, xa que ata agora era discontinuo e inviable”, subliña González.

Paralelamente, tamén a través das alegacións, o Concello acadou que se manteñan os semáforos instalados hai máis de catro anos á altura de La Pintora, xa que como medida de seguridade demostraron funcionar moi ben, mentras que o aparcamento próximo é vital para todos os negocios alí existentes.

Comentar noticia

Your email address will not be published.