O alcalde de Nigrán entrega a unha ducia de hostaleiros os diplomas do curso de Eu Rural ‘cociña creativa con producto local’

Publicado por o día 06/02/2020 na sección de Galicia,Nigrán

O alcalde de Nigrán entrega a unha ducia de hostaleiros os diplomas do curso de Eu Rural ‘cociña creativa con producto local’

O alcalde de Nigrán, Juan González, entregou esta tarde a unha ducia de profesionais da hostalaría do Val Miñor, maioritariamente de Nigrán, os diplomas do curso ‘Cociña Creativa con Produto Local’.

A acción formativa, desenvolvida pola ‘Escola Eu Rural’ dentro do programa ‘Coas Mans na Masa’, tivo lugar nas instalacións do CEE de Panxón o 3, 4 e 5 de febreiro baixo a dirección do chef galego Ivan Méndez. No curso, eminentemente práctico e dirixido a persoas ligadas profesionalmente á hostalaría, os participantes descubriron novos xeitos de empregar os produtos locais para elaborar pratos creativos e novidosos.

“Coas mans na masa” nace ligado a Escola Eu Rural, creada no 2017 como unha ferramenta posta en marcha pola AD Galicia Sudoeste Eurural para canalizar todas as accións formativas que se desenvolven no territorio do GDR 14 e que abrangue aos concellos de Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, A Guarda, Mos, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, O Rosal, Tomiño e Tui.

Comentar noticia

Your email address will not be published.