O alcalde de Nigrán recibe aos nenos saharauis que pasan o verán con familias da comarca do Val Miñor

O Concello aportou 2.000 euros ao programa ‘Vacacións en Paz’
Publicado por o día 07/08/2018 na sección de Galicia,Nigrán

O alcalde de Nigrán recibe aos nenos saharauis que pasan o verán con familias da comarca do Val Miñor

O alcalde de Nigrán, Juan González, recibiu aos sete nenos saharauis que están pasando este verán no Val Miñor con familias de acollida. Os pequenos chegaron a primeiros de xullo e regresarán aos campamentos de refuxiados de Tindouf (Arxelia) en setembro. O Concello de Nigrán aporta 2.000 euros ao Programa ‘Vacacións en Paz’ de Solidariedade Galega co Pobo Saharaui. Durante o encontro González entregoulles unhas mochilas  co logo de “Nigrán” e diverso material escolar. Ademais, falou cos cativos, que están a disfrutar moito en Galicia, e agradeceu públicamente o labor das familias que os acollen, recordando que o conflito saharaui é un conflito político ao que a comunidade internacional debe buscar unha solución que a propia ONU establece nun referendum de autodeterminación. “Ogallá algún día deixen de ter que vir porque signifique que xa están na súa casa, nun sáhara libre”, sinalou.