O alcalde de Nigrán trasmítelle á nova delegada da Xunta en Vigo a prioridade de destacar a situación da rúa Otero Pedrayo

Juan González reuníuse esta mañá con Corina Porro no Concello de Nigrán nunha das primeiras reunións oficiais como delegada

O alcalde de Nigrán, Juan González, mantivo a mañá de onte no Concello de Nigrán unha reunión con Corina Porro nun dos seus primeiros encontros oficiais como nova delegada da Xunta en Vigo. A visita, á que asistiron máis membros do goberno local, servíu para que o rexedor lle transmitise persoalmente os asuntos competencia do goberno autonómico que máis urxen no municipio e, neste sentido, priorizou a necesidade de desatascar a situación da rúa Otero Pedrayo. Ademais, González referíu aspectos das futuras obras de mellora da seguridade vial na PO-552 e da senda peonil e ciclista de A Ramallosa a Gondomar, quedando emplazados para tratar tamén outros temas como a necesidade de renovar e ampliar o IES Val Miñor ou dotar de cociña propia o CEIP Humberto Juanes.

“Hay unha total disposición á colaboración dende as dúas partes. Queremos mantener unha relación cordial e de entendemento coa Xunta de Galicia e estamos seguros de que estes catro anos vai a haber un diálogo fluído que nos beneficiará a todos”, sinalou o rexedor, quen destacou a súa boa relación persoal con Corina Porro tras ter coincidido no pasado el como responsable de Érguete e ela como alcaldesa de Vigo.

Tal e como lle explicou o alcalde á nova delegada, o Concello de Nigrán solicitou oficialmente no mes de xuño, nunha das primeiras xestións como novo goberno, unha reunión coa Axencia Galega de Infraestruturas que permita desbloquear a situación da rúa Otero Pedrayo, en estado calamitoso e de titularidade autonómica, de feito, o goberno local leva solicitado dende 2016 a sinatura dun convenio de colaboración coa Xunta (mesmo mediante unha moción plenaria aprobada por unanimidade en xullo) sen obter resposta, este silencio mantense incluso despois de que o Concello remitise á Conselleria de Infraestruturas en xullo de 2017 un anteproxecto que cifraba a actuación en 1,2 millóns (documento que o alcalde de Nigrán se comprometera a enviar tras manter unha reunión coa conselleira). Esta estrada autonómica que une as parroquias de Nigrán e Panxón acumula decenas de denuncias dos veciños debido a lesións e accidentes ao ter as beirarrúas peor conservadas de todo o municipio, ademáis, resulta imprescindible a reparación do seu firme, o pintado do mesmo e a instalación de medidas correctoras de velocidade para evitar accidentes, así como o arranxo na rede de saneamento e pluviais. “É algo urxente e prioritario para Nigrán e Corina Porro amosou unha boa disposición para darlle resposta”, destaca González.

Ademais, o alcalde trasladou a Corina Porro a total conveniencia de manter a regulación semafórica na PO-552 na súa intersección con Cotros (á altura da panadería La Pintora), xa que as futuras obras de mellora da seguridade vial nesta estrada contemplan sustituílos por unha semi-rotonda. “Os semáforos foron instalados hai máis de catro anos como medida de seguridade vial e demostraron funcionar moi ben, os veciños están moi satisfeitos e desexan que se manteñan”, incide o alcalde, quen destaca que a semi-rotonda “suprimiría o aparcamento da panadería dificultando moito a continuidade do negocio e, ao mesmo tempo, dificultando o acceso dos veciños ao barrio”, indicou o rexedor, quen destacou que “froito das alegacións do Concello sí se solventou o problema que existía no camiño das Barreiras”.

Por outra banda, o alcalde referiu os problemas da nova senda peonil e ciclista A Ramallosa-Gondomar, onde moitos veciños viron moi dificultado o acceso ás súas casas ao obligárselles a desplazamentos máis longos. Neste sentido, destacou o problema que supón a nova semi-rotonda da Xunqueira, ao carón dunha empresa de gas butano, xa que os camións teñen moitas dificultades para circular nela, dificultando o tráfico e mesmo pondo en perigo a seguridade viaria.

Finalmente, o alcalde e a nova delegada quedaron emplazados a manter futuros encontros para tratar aspectos como a necesidade de renovar e ampliar o IES Val Miñor ou dotar de cociña propia o CEIP Humberto Juanes. “Temos unha canle de comunicación aberta que, de seguro, vai beneficiar aos veciños de Nigrán”, finalizou González.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM