O alcalde de Tui e a concelleira de Educación recibiron esta mañá ás alumnas do IES Indalecio Pérez Tizón que participaron no programa Erasmus+

Estiveron dous meses e medio en Regio Calabria, Italia

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, e a concelleira de Educación, Mila González, recibiron esta mañá na casa do concello a Desiré Boquete e Ana Belén Piñeiro, alumnas do IES  Indalecio Pérez Tizón, que estiveron dous meses e medio na rexión italiana de Regio, grazas o programa ERASMUS + de mobilidade de alumando e profesorado dentro dos países da UE que  xestiona o SEPIE.  A recepción esta mañá acudiu tamén o vicedirector do centro, Xosé Manoel Álvarez.

Este programa consiste en establecer convenios con empresas e institucións da UE para facilitar formación en centros de traballo do estranxeiro. No caso destas dúas alumnas, unha fixo as prácticas nunha coñecida marca de roupa e outra nunha firma de noivas.

Ambas valoraron de maneira moi positiva a experiencia, tanto a nivel persoal como profesional, e non descartan a posibilidade de volver a Italia a traballar.

Pola súa parte, Mila González, concelleira de Educación animou a outros alumnos a que participen neste programa os vindeiros anos, e Carlos Vázquez Padín, alcalde de Tui, felicitou as dúas alumnas pola actitude positiva coa que afrontaron este reto.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM