O alcalde de Tui ordena a inspección da pirotecnia La Gallega co fin de cumprir a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e suspender a súa actividade

A Policía Local precintará completamente as instalacións e o perímetro da finca

O alcalde de Tui, Carlos Padín, ven de ditar unha providencia para garantir a suspensión da actividade da empresa pirotécnica La Gallega SL ordenada por sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. O alcalde ordena neste documento realizar unha visita de inspección urbanística a instalación de pirotecnia situada no barrio da Igrexa en Baldráns coa intención de adoptar as medida precisas que garantan o cesamento e suspensión total da actividade que alí se puidera realizar.

Se procederá a inspección os días 10 e 11 a partir das 9.00h. Esta decisión se comunicará aos propietarios da instalación, a Garda Civil, a Subdelegación de goberno e aos técnicos municipais: secretaria, arquitecto municipal, técnico de administración xeral do departamento de urbanismo, enxeñeiro técnico coordinador do departamento de obras.

O mesmo tempo, o alcalde, ordena comunicar ao arquitecto redactor do proxecto de demolición, Rodrigo García Barros,  as deficiencias detectadas nese proxecto para a súa modificación recollidas nun informe emitido polo arquitecto municipal. Do mesmo xeito, ordena tamén a Policía Local, que efectúe o precintado completo das edificacións, instalacións e perímetro exterior da finca da pirotecnia.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM