O alcalde de Vigo e presidente da FEMP defendeu a importancia de incluír ao persoal do servizo de atención no fogar como prioritario no plan de vacinación

Publicado por o día 20/01/2021 na sección de Concello de Vigo,España,Galicia,Vigo

No transcurso do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde celebrado hoxe mércores, o alcalde de Vigo e presidente da FEMP defendeu a importancia de incluír ao persoal do servizo de atención no fogar como prioritario no plan de vacinación contra o coronavirus, xa que son profesionais que atenden a persoas vulnerables. Abel Caballero trasladou tamén a necesidade de apoiar aos sectores que están soportando maioritariamente o peso desta crise, é dicir, a hostalería e o pequeno comercio.

Neste punto, o ministro de Sanidade, Salvador lla, lembrou no seo da reunión que as comunidades autónomas recibiron fondos para cubrir as necesidades destes sectores. Neste comité estaban presentes o ministro de Sanidade así como os responsables sanitarios de tódalas Comunidades Autónomas.