O alcalde de Vigo participa na entrega de premios aos gañadores do concurso anual de postais de nadal de Vitrasa

Por o 05/01/2019 | Sección: Concello de Vigo,Galicia,Vigo
O alcalde de Vigo participa na entrega de premios aos gañadores do concurso anual de postais de nadal de Vitrasa

Por décimo terceiro ano consecutivo, VITRASA invitou a todos os centros de educación primaria de Vigo a participar no concurso de postais de Nadal, no que finalmente se recibiron máis de 400
debuxos. Entre todos os debuxos enviados, seleccionáronse un total de tres para ilustrar as postais que a empresa empregou este ano para felicitar as festas. Ademais, un autobús da flota irá vinilado no seu interior coas postais gañadoras.

Cinco alumnos vigueses resultaron premiados na décimo terceira edición deste certame e os seus debuxos decoran xa tres dos autobuses que percorren a cidade este Nadal. Abel Caballero felicitou ás nenas e aos nenos gañadores do concurso convocado por Vitrasa e eloxiou o seu talento ao ser elixidos entre os máis de 400 deseños presentados. A entrega dos galardóns celebrouse este venres no Centro Comercial Gran Vía onde os escolares gozaron da proxección da película “Spiderman” ao remate do acto. Tamén asistiron nenos da asociación Bicos de Papel e fillos dos traballadores de Vitrasa.

 

Comentar noticia

Your email address will not be published.