O alcalde demanda un “cambio” para que Vigo entre no Plan Nacional de Vivenda

Abel Caballero censurou este luns que a cidade quede “excluida” dos criterios marcados polo Goberno de España neste Plan, que procura ofrecer facilidades de acceso á vivenda a aqueles con menos recursos. O rexedor recordou que Vigo ten a maior demanda de vivenda social de Galicia.
Por o 12/03/2018 | Sección: Concello de Vigo,Galicia,Vigo
O alcalde demanda un “cambio” para que Vigo entre no Plan Nacional de Vivenda

A nivel persoal, Abel Caballero cuestionou a idoneidade de limitar as axudas do Plan Nacional de Vivenda aos menores de 35 anos, “mais como alcalde si me preocupa moitísimo, porque Vigo está excluido deste plan” estatal.

“Esixímoslle o cambio, esiximos que Vigo estea incluido neste plan de vivenda”, reclamou Caballero, que argumentou que “a maior demanda de vivenda social de Galicia está en Vigo: ¿cómo exclúen a Vigo do plan de vivenda?”.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.