O alcalde destaca a dedicación municipal á igualdade e contra a violencia de xénero de 1,5 millóns de euros

Vigo conta co Centro de emerxencia para mulleres vítimas da violencia de xénero, para toda Galicia, que financia o Concello con 241.000 euros. A Xunta de Goberno Local vén de aprobar a cesión temporal dunha vivenda da rede municipal de pisos de protección para mulleres vítimas da violencia de xénero.
Publicado por o día 14/12/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O alcalde destaca a dedicación municipal á igualdade e contra a violencia de xénero de 1,5 millóns de euros

Abel Caballero informou en rolda de prensa desta cesión por un período de seis meses, que pode ser prorrogado, a unha muller con dous fillos menores, que recibirán apoio durante a súa estadía, tanto dunha educadora como do equipo multidisciplinar do Concello, que dedica 30.000 euros anuais a estas vivendas.

O rexedor puxo en valor os 1,5 millóns de euros que dedica o Concello á igualdade e á loita contra a violencia de xénero: 241.000 euros para financiar o Centro de emerxencia para mulleres vítimas de violencia de xénero para toda Galicia, 30.000 euros do Centro municipal de información e servizos á muller, o Programa de atención psicolóxica a menores expostos á violencia de xénero (12.000 euros), o programa de canguros SADI (180.000 euros), o EVAP (Equipo de Vixilancia e Apoio Policial) que ten un orzamento de 250.000 euros, a promoción da igualdade e do deporte feminino cunha dedicación de 136.000 euros, o Convenio coa Rede de Mulleres contra os Malos Tratos, 92.000 euros, e 50.000 euros en diferentes gastos desta área.

Obras no Parque Central de Lavadores

A Xunta de Goberno Local aprobou tamén o expediente de contratación das obras de reparación de danos na estrutura, adaptación contra incendios e accesibilidade no edificio do Parque Central – Lavadores por un importe de 426.000 euros. As instalacións quedaron deterioradas tras un incendio no ano 2017, polo que agora vai repararse e modernizarse.

Comentar noticia

Your email address will not be published.