O alcalde destaca a “función social” dos Coidadores de Barrio no seu regreso ás rúas

Os Coidadores de Barrio do Concello e Vigo volveron este luns as rúas da cidade despois de que Xunta de Goberno Local validase o pasado día 1 o convenio de colaboración coa Fundación Érguete. “Realizan unha gran función social, xogan un papel moi importante de apoio ás persoas que viven soas”, sinalou o alcalde.
Publicado por o día 12/03/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O alcalde destaca a “función social” dos Coidadores de Barrio no seu regreso ás rúas

Os Coidadores de Barrio do Concello de Vigo volveron este luns a actividade despois de que a Xunta de Goberno Local, reunida o pasado 1 de marzo, acordara validar o convenio de colaboración coa Fundación Érguete-Integración, no marco do Plan Municipal de Emprego.

En virtude deste convenio, os Coidadores de Barrio regresan ás zonas do Calvario, Teis, Casco Vello, Travesas e Bouzas-Coia. O acordo con Érguete terá unha vixencia de dous anos, ata o 31 de outubro de 2019, e permitirá a contratación de 47 profesionais para levalo adiante. O investimento total do Concello é de 1,08 millóns de euros, a razón de 540.000 euros anuais.

“Realizan unha gran función social, atendendo á xente de Vigo, cidadáns, mozos, maiores…”, sinalou o alcalde, Abel Caballero, antes de explicar que a persoa tipo que atenden “é unha señora de certa idade que habitualmente vive soa”.

Os Coidadores de Barrios iniciaron este luns o seu curso de aprendizaxe e a partir do vindeiro venres estarán de novo nas rúas. “Xogan un papel moi importante de atención social e de evitar a soidade, porque necesitan apoio”, afirmou o rexedor.

Caballero apuntou tamén que “o programa espertou moito interese en varios sitios de España, algúns municipios moi importantes en poboación que lles gustaría poñer en marcha este mesmo proxecto”.