O rexedor ofreceu este mércores datos da ocupación que están a rexistrar os hoteis de Vigo durante xullo e agosto, que reflicten unha tendencia paulatina á alza. Na primeira semana de xullo, os establecementos hoteleiros vigueses estaban ao 31% da súa capacidade, mentres que na semana do 20 ao 26 de xullo alcanzaron o 60%.
Do 31% da primeira semana de xullo pasouse ao 44% da segunda, o 48% da terceira e o 60% da cuarta semana. Na última do mes pasado baixou lixeiramente, ata o 51%, para lanzarse ata o 68% na primeira de agosto. No tocante ás fins de semana, o alcalde asegurou que a ocupación en xullo subiu ata o 65% e rondará o 80% nas de agosto.
Caballero apuntou que a cifra “non é a óptima” pero Vigo comeza a ter “un nivel razoable” de ocupación hoteleira, tendo en conta o contexto da pandemia do Covid-19. En comparación con outras urbes, Vigo contou cun 47% de media en xullo polo 40% de cidades como Granada e Valencia, segundo citou.
Noticias de última hora en Vigo