Acompañado do edil de Cultura, o alcalde presentou este mércores a programación de Vigocultura para os tres próximos meses, unha oferta variada e para todos os públicos no auditorio municipal do Concello, “ambiciosa, de calidade e moi accesible” ao estar subvencionada pola administración local viguesa.
“O que nos importa é que hai actividade cultural”, subliñou Caballero, adaptada aos protocolos Covid e flexible para adaptarse en todo momento á normativa sanitaria en vigor. Así, ao igual que no pasado 2020 se pospuxo pero non se cancelou actividade de Vigocultura, o rexedor garante que se aplicará neste ano o mesmo principio, para que a cidadanía goce das distintas propostas e o sector “poida actuar e teña recursos”.
O Concello continúa cun aforo reducido no auditorio municipal do Concello, cun total de 81 butacas hábiles das case 300 totais, e aplicando un protocolo que pasa polo uso obrigado de máscaras faciais, xel hidroalcólico e itinerarios diferenciados de acceso e saída, entre outras medidas. Ademais, e como novidade na programación presentada este mércores dado o aforo limitado, cada espectáculo contará con dous pases.
Abel Caballero destacou a maior presenza de compañías viguesas na edición do primeiro semestre de 2021, que acolle a máis dunha vintena de compañías e espectáculos, de teatro, monicreques, clown, danza e circo, con propostas para público adulto e familiar con nenos de todas as idades. Comeza o 5 de febreiro con “A gran viaxe” na rúa do Príncipe, teatro de rúa ao aire libre para público familiar con nenos desde os tres anos, que sirve para presentar o resto dunha programación que concluirá o 1 de maio.
Toda a información detallada sobre a programación, espectáculos, entradas, abonos e protocolo Covid figura recollida no documento que pode descargarse desde o enlace que figura a continuación.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.