O Concello de Vigo organizará dentro da programación das Festas do Nadal un total de 23 concertos, 129 pases (3 ao día) de iluminación músico-visual na árbore de Porta do sol, 114 recorridos do bus turístico, unha vintena de actuacións e actividades, así como 17 probas deportivas, mercadiños, exposicións, obradoiros, contacontos e e moitas accións máis.
“Transformamos a festa tradicional de Nadal nunha festa moderna cun gran atractivo turístico, porque existe un cambio sociolóxico e está época xa é temporada de viaxes e turismo”, sinalou Abel Caballero durante a súa comparecencia ante os medios de comunicación.
O alcalde engadiu que o retorno económico será moi superior ao investimento levado a cabo polo Concello. “Unicamente na Ponte da Constitución os ingresos multiplicarán por seis o investimento, a iniciativa ten unha capacidade enorme para xerar emprego e negocio”, apuntou Caballero.
Noticias de última hora en Vigo